sábado, 21 de Fevereiro de 2009

A

Din que o mar está feito de madeixas de bágoas salgadas, e que a choiva cubre os prados do amarelo da magarza. Que a secura dos veráns tingue as tardes dun semitón sépalo a espera dun outono irisado. Din que a cor das meixelas son ollos de ceo sonroxados polo rubor da primavera. E que a herba tórnase moura cas pisadas do inverno por esta terra engalanada.

Din que basta cun pecho mirar pra tecer sendeiros con fíos dourados e que o corazón se esvae como saraiba cando descobres o eterno amor que se agocha na tua ialma. Din que os beizos se entreabren como quentes orquídeas violáceas e que os bicos teñen o sabor suave que se agocha nas tempestades. Din que os arduos camiños da vida son como agullas de ferro e que o cravar en ti doen como falsos espellos.

Din que te mirei así, con ollos de lúa chea, e que aullei mar adentro nas noites e o tempo. Din que me mirache así, con ollos de madrugada, e que sentiron os berros da eternidade golpeando os menceres desta terra engalanada. Cando falan de amor, falan de nós, das nosas miradas, das augas que fecundaban aquelas terras namoradas.



NENA(28.08.08)
Renoir - Desnudo al sol

As tuas cadeiras cimbreaban como as campás da vella igrexa, aquélas que sobresaían entre os tellados da barriada. Aquel andar pomposo, regustado, debuxando ondas mariñas nunha beirarúa acolchada de lousas, desiguais, indiferentes, xordas.

As casoupas de antaño son agora deshonestos edificios, un, dous, tres, un, dous, tres, un, dous, tres, simulan casillas dun taboleiro de xadrez de chirriantes cores e gritan o pasar, chirrían, arañan a ialma, os sentidos, a carne.

Os teus peitos, nena, alumeaban a cidade, pernoctaban polas rúas e arrulaban o mencer. A tua sonrisa era fresa doce, vermella, agrumada, fruta fervorosa, compracida, ardente. Beizos meus os que recordo. Case imposibles. Os recordo como anuncios fluorescentes, de neón.


Os semáforos pechados, as ventás pechadas, os bares pechados, as tendas pechadas, parece tarde e noite, parece inverno e frío, parécema nena que só estou aquí de paso, paréceme, nena, que xa estás pasada de moda, e o verte decidín cambia-lo recordo polo desta noite, porque allada, o tintineo das campás segue a soar dentro de min como unha chamada salvaxe, esmerada, ata o fin do mundo. E os teus ollos, nena, os teus ollos ... mírame, fanme soñar.

8 comentários:

Pitima disse...

Din din din...
Pero tí.. ¿o viches?
Qué beleza de textos... e iso é de verdade, que eu o lin..

mencía disse...

Menos mal que apareciches, xa botaba en falta as túas fermosas palabras.
Bicos.

vermella disse...

palabras tan cheas de beleza e tan plenas de significado so podían saír da túa sandalia.
bicos.

Alexandre disse...
Esta mensagem foi removida pelo autor.
Shucram disse...

Que lindo este texto! Encantoume.

Saúdos!

vermella disse...

Anda coa rapaza!!!!

A Conxurada disse...

Na túa volta respírase moita melancolía. Espero que todo vaia ben.

Zeltia disse...

Uns párrafos moi poéticos, sentimentis, romanticos, pero... deixan un pouso triste.