terça-feira, 17 de Fevereiro de 2009

É inverno

Coido que o meu sorriso orfo sobrouche. Escorrenteino e formei unha media lúa para os teus ollos de améndoa quente. Para min son mouros. Voltácheste e seguiste a mirar entre os saldos. Observei como as tuas mans apalpaban os texidos buscando a calidade media na baratería.

Saín e pregunteime porqué o fume do pitillo se distorsionaba na néboa apombada e porqué o mercurio sanguíneo pingaba espeso sobre a beirarúa deixando un rastro con aroma a derrota.


É inverno. Busco palabras entre os alentos conxelados por este frío de inverno. E os tacóns afóganse nas lousas cun ruido oco, imperceptible entre a música de rebaixas. É inverno.



O EMBUDO ACORNETADO (repetido 20.04.08)

Mattia Pretti - La Vanité


Desperteime entre sabas e almofadas. Non sei se nun día claro ou oscuro, a ventá estaba pechada. Costoume a posta en pé, non me sostiña, tiven que dar unha pirueta para deixar a base no chan e o pescozo cara o teito. ¡Mi madriña! ¡Son un embudo!


Corrín a mirarme no espello, ¡un embudo acornetado!. Esto non foi o que pactei co demo. O moi descarado presentouse ante min, cando estaba durmevela, e deixou que lle pedira un desexo. ¡Prometeumo! Eu só lle dixen que quería ser. ¡E o trasno burlón fixo de min un embudo! ¡Bonita forma de ser! ¡Agora todos pensarán que as miñas nádegas son como a conquista do Sáhara!


Chameino de inmediato e facéndose o remolón apareceu xa na noitiña.


- Perezoso miserable ¡son un embudo acornetado!


- Non podía ser doutra maneira, dixo o diaño. ¿Crees que si te convertira en rá alguén podería pensar que dándote un bico transformaríaste en princesa? Non. ¿Crees que si te convertira en cabalo alguén podería pensar que eres o animal máis elegante, esbelto e intelixente? Non. ¿Crees que si foras flor alguén pensaría que o teu aroma podería engaiolar as bestas? Non. Só me quedaban o hipopótamo e o embudo. E dada a tua natureza pareceume que o embudo acornetado era a tua forma de ser. Date conta que agora es blanquiña, pero cando se transfegue o viño, collerás unha fermosa cor sonrosada que alegrará as tuas meixelas.


Calei, tiña razón, o rosiña sempre me favoreceu. Non habería embudo máis fermoso en tódala comarca, incluso podería camiñar con máis garbo. Ía ser un embudo glamouroso.

5 comentários:

Pitima disse...

Vexo que recuperaste parte do escrito, pero sen choiva nin paraugas, porque había un paraugas...
Sí, é inverno, pero as margaritas empezan a sair polo campo neste pequeno respiro anticiclónico.
Un bico. E non te vaias antes de que podamos lerte.
Deleitanos un pouco máis... Majo

Alexandre disse...
Esta mensagem foi removida pelo autor.
vermella disse...

miña nena para eso se inventaron as rebaixas para escorrentar a monotonía do inverno,a risa de media lúa terá que dar paso a da lúa chea....
mira que non avisarme,xa verás como te pille,bicazos.

A Conxurada disse...

Fermoso e triste. Dá gusto volver a terte polo blogomillo.

Zeltia disse...

Non te sabía de volta... se cando escribir é unha necesidade... sempre se volve.

:)

E veña, que xa está a primaveira á volta da esquina