sábado, 21 de Fevereiro de 2009

Recórdame que extenda o teu aroma polos meus ollos,
como pano namorado.

Recórdame que recolla a tua lingua nos meus peitos,
como orquídea salvaxe.

Recórdame que enmascare a tua sonrisa nos meus beizos,
como almíbar de ceo.

Recórdame que enrosque o teu corpo nas roxas carnes,
como serpe velenosa.

Chúpame o corazón e faime túa, déixame correr en ti.





CANDELA (05.09.08)


Derain - La espalda
Candela afrouxou os fumes ó tempo que afrouxaba o corsé. Baixo o acendido candil queda máis evocador,e se dixera que a luz é vermella, de graxa vermella, aceite aromático dun vermello chillón, de sabor a fresón maduro, a escea xa se convirte en case erótica. Pero esto non é unha taberna, nunha aldea de soños. Candela camiña pola rúa, xogando a burlar farolas, pero non é unha nena, quizáis polo cabelo ensortixado e as curvas carnosas, e lentamente afrouxa o corsé mentras afrouxa os fumes.

Os coches pasan a modo, a néboa exténdese diante dos faros, cubrindo a sua mirada dun ton grisáceo acordeón, xa sei que non é unha cor, qué clase de descripción é esa para unha cor, pero todos recoñecemos ese son grave e distorsionado do acordeón, espeso, como os párpados, igual que a néboa da noite diante dos faros, que vai extendéndose como a melaza xove, a fresca, a que se derrete nas mans.


Candela deléitase na suavidade da mel cando a revolve cos dedos, a entrelaza, a provoca, a excita, para logo pasar a lingua e saborear o zucre grumoso que quedou engaiolado nas mesmas mans que a adoraron. Pero non é unha nena, quizáis polos recordos e a mirada envellecida, e lentamente afrouxa os fumes mentras afrouxa o corsé.


Algún transeúnte camiña apurado pola outra beirarúa, outros por ésta, con pasos firmes e apresurados, e fan ruido ademais, quedaría ben que o ruido fose de candilexas, pero esto non é a cima dunha montaña no atardecer, e os transeúntes non respetan a lentitude de Candela, que non respira, e afrouxa o corsé o ritmo dos fumes, e tampouco camiña, pasea, só pasea para ver si logra chegar o final das farolas para mergullarse na oscuridade pecha do sinsentir.

1 comentários:

A Conxurada disse...

Este púxome o pelo de punta.