segunda-feira, 9 de Março de 2009

X

Courbet


Pasa. Chegas tarde. ¡Non peche-la porta! Deixa que ese vento viaxado me endureza os pezóns. Porque a ti gústanche duros ¿non é? Non poñas cara de sorpresa, xa che dixen que desta vez esperaría espida. O que non comprendo é por qué non estás xa quitando a roupa, en vez de mirarme con esa cara de pampo. ¡Ou é que viñeches aquí a falar! ¿Teño que guiarte a man para que me toques? ¡Pareces un primeirizo! Pero, ¡cántas veces follamos, home! Xa sabe-lo que me gusta e hoxe, meu rei, tócache a ti. Eu só vou mirar e xemir, non quero que te acostumes a foder e verter sen maior entusiasmo. Eso que ves enriba da mesa e que te desperta tanta curiosidade - ¡mírame mentras te falo! - é o corazón, quiteino antes de que chamaras, gústame compracerte para que sigas vindo, sei ben que a ti o sexo gústache practicalo con tódolos ocos baleiros.
A SANDÍA (06.12.07)
A cociña estaba xa recollida, nela só quedábamos eu e o sol quente da mediodía que entraba pola ventá. ¡Fora iba tanta calor! Púxenme diante mentras encendía un pitillo, deixando que esa calor inundara os meus sentidos, un a un, ata queimarme a pel, mentras a falda se iba axustando o corpo, provocada pola suor, que escorregaba por entre as pernas nunha conquista sen fin. O pitillo rematou, e con él o afogo. Xa me iba cando a vin.
Alí estaba, enriba da mesa, no centro, como unha deusa, aquela sandía redonda, fresca, completa, chamándome, pedíndome que me acercara, despacio, para observala, observala na sua perfección. Brillante e locida. Xa os beizos se separaban, para deixar paso a unha saliva húmida e pegajosa, empapándoo todo. Mollei o dedo e percorrín a sandía, esperando encontrar unha abertura, aínda pequena, unha soa, pola que penetrar. Tan suave e arisca, irritante. Deixei que a saliva caera sobre ela, e a rocei coa lingua, primeiro, para lamela con forza despois, ata que cedeu o ímpetu e se partiu en dous, abríndose para min, carnosa, vermella, fresca, e mordín, apretei os dentes contra aquela carne, e mordín, mordín ata non poder máis, ata que rebentou soltando aquel xugo enfermizo e desexado. Ca boca chea no seu zume, deixei que saíra todo, apretei a carne e chupei, chupei sin respiro ata deixala seca e roxa, máis roxa que nunca. Esgotei aquela fonte, convertíndoa en deserto.
¡Fora iba tanta calor!, suspirei. Teño que encender outro pitillo.

18 comentários:

Zeltia disse...

buff, qué fuerte, qué triste, qué rabia.

Encantoume esa rabia.

Cris disse...

Hola, un pajarito me habló de ti y sí... te reconozco.... me alegra encontrarte de nuevo. Ya me lo he leído todo todito y me ha encantado, de arriba a abajo, de un lado a otro, mucha fuerza tiene todo esto, este último ya ni te cuento... Muy potente, oigo el grito y la rabia que salen de esas palabras...
Lo de quitarse el corazón antes de que llamara me ha dejado KO... ains...

Un beso muy fuerte!!

Artabria disse...

"foder e verter sen maior entusiasmo", cantos haberá así.........

Suso Lista disse...

Encantame. Corto e duro como a mesma vida.

Shucram disse...

Triste pero certo... Sen palabras.

vermella disse...

Ao pan pan e ao viño viño,Courbert unido a estas túas palabras dan para moito pensar....
bicos.

Ex Traño disse...

acertache co titulo..... total

pero sexo sen corazón, non sei se poderia....

coidado co que escribes porque e moi visual...

pero moi bó, directo, sen filtros...

Raposo disse...

Duro pero gustoume, o corazón sempre debe estar a vista, en primeira liña, o alcance da man.

Ex Traño disse...

bueno eu pensaba que eran relatos, pero agora xa me fas dudar......


que e broma.....
saudos

mencía disse...

Moi bo, pálpase a raiba, é triste ter que quitar o corazón, pero as veces é necesario porque os corazóns abertos asustan moito e poden botar cara atrás.
Bicos.

A Conxurada disse...

Bárbaro, un texto impresionante, encantoume.

Mar e Lúa disse...

Había tempo que non sabía nada de ti... Estiven varios meses desconectada do mundo, pero xa volvin. Alégrome de verte de novo e de poder ler textos coma este. A verdade é que non sei moi ben que dicirche... Desgarrador o post, removeume algo por dentro. Fixéchesme pensar moito niso de quita-lo corazón...

Biquiños!

Pau disse...

Moi bo! Que maneira de quitarlle todo o encanta a algo tan fermoso. Cantas mulleres se sentiran asi.

noa disse...

ai veces que é millor deixar o corazón riba da mesa. o malo é calcular pra non desangrarse.

LM disse...

lémbra-te de voltar ponhe-lo por se algum dia fai falha ;-P
beijos

Pitima disse...

Eu xa deixara aquí un coment... que pasou..
Dicía que segue a ser intenso... aínda que non me pillas desprevenida xa.. salvo pola pintura, que lle vai moi ben, sí. Coma un disparo a bocajarro. Tiras a matar.

Zeltia disse...

Volvín ler o post este, e cada vez gústame máis. Ten unha forza incrible.

Ricardo Arias disse...

Sen dúbida un dos mellores textos que teño lido neste blog.
Desacougante e cheo de forza.
Noraboa.
Grazas polas últimas visitas polo meu blog...