terça-feira, 21 de Abril de 2009

Amor, perda infinita,
esvaéceste na lobreguez dos días.

Amor, silandeiro choro,

desfaleces na frixidez das fervenzas.



Amor, penar inesquecible,

desmemorias a inercia do corazón.



Amor, espuma de mar,

ida e volta, acariciando as areas,

desacougada, lúdica, salgada,

nun vaivén, preñando as mareas.



Amor, moras na extinción,

fecunda estrela fugaz, corazón

........ que se vai.

9 comentários:

Cris disse...

Que no... que no se vaya no... que siga manando y regando y empapando el amor estos pobres corazones...

Buen finde Majo! Tan buenos como siempre tus escritos, ay lo que me gustan a mí, ja ja!

BICOS!!!!

Ex Traño disse...

ese amor incondicional gustoume moito

envidioche esa facilidade para darlle un ritmo tan tenro

apertas

Lex Aebutia disse...
Esta mensagem foi removida por um administrador do blogue.
Pitima disse...

Triste e frío. Como o atlántico, como as batidas augas das fervenzas, pero intenso en cada segundo...

Lex Aebutia disse...
Esta mensagem foi removida por um administrador do blogue.
LM disse...

a onde vai?
beijos

A Conxurada disse...

Acabo de colgar o teu encargo, modifiquei un pouco a suxestión...espero que non che importe.

Zeltia disse...

Me recordaste el tema que tanto me gusta de B.B. King "the thrill is gone"

The thrill is gone
It’s gone away from me
The thrill is gone baby
The thrill is gone away from me
Although I’ll still live on
But so lonely I’ll be...

La emoción se ha ido.
Se ha ido de mí.
La emoción se ha ido, cariño.
Se ha ido de mí.
Y aunque sobreviviré,
lo haré tan solo...

FUNCIONARIO disse...
Esta mensagem foi removida pelo autor.