Resolveu unha volta dramática. Co sombreiro a media asta e a gravata na man, arrastrando os pés.
Queimas. Mírasme e queimas. E o clímax está no devir da lingua que humedece cada partitura desta estación. Devoras. Cámbioche a vista cega por unhas mans cicatrizadas na obviedade do desexo. Eso penso. O resto de comensais non pensan nada sobre ..., paréceme.
Sentouse, déspota, entre a cobiza e a compaixón. A gravata baixo a copa de viño, collendo un ton avinagrado reserva ...... demasiado roxo reflexando a sua face. Xa todos sentados, comendo e falando, non quitou o sombreiro, pena que non lle chegaran as ás para tapar as orellas. Entre nós ... creo que escoitou os meus pensamentos.
Ardes. Mírasme e queimas. E eses beizos que empalagan e laian, como trabadas dun can sedento de sangue. Devoras. Cámbioche ese coiro rancio por susurros de cama, de qué ... por qué ... Eso penso. Só xemidos no punto álxido, coma o resto, cas meixelas dun postcoito mal rematado.
Comezou a comer desafogando o padal maleducado. Patética imaxe dun tipo común, só cos botóns impares suxeitando o peito. Pero cala mentras comes!, detesto ver os restos mareados, machacados, corruptos, desternillados nesa boca de ... de ... de chumbo, quizáis, xelatinosa.
Resolveu o postre nunha copa de licor. Co sombreiro apoiado no embigo e unha charla enmarañada, entre dentes.

17 comentários:
Qué extrana sensación me deixa... O tipo desagradable, frustración, unha especial relación entre a narradora e o home do sombreiro... Tiven que lelo varias veces. E penso que volverei a facelo...
Sen chegar ó fondo da semántica, do significado (alomenos no meu caso), consegues uns rexistros inéditos, sensacións, sentimentos...
Un bico
Gustoume tamén Fiona soando mentres lía.
Ai miña ruliña,esta mistura do que pasa e o que pensas é tan drámatica e digna ao mesmo tempo que fás que o diálogo interior cobre vida e seña o máximo protagonista.
Dende a miña convalecencia parabéns e bicos.
escolma de sensacions e sentimentos que non deixan indiferente....
sensacions encontradas, a meio camiño entre o desastrado que presenta a este home e o desexo que esperta na voz en off....
muy intrigante...continuara??
Pero que falta de educación, para comer hai que quitar o sombreiro!
é un texto inquedante.
non lle collo o sentido
pero é o de menos. para tí teno.
a mín espértame sensacións contrapostas e desacougantes.
Xa o lera onte
e non souben que dicir.
e hoxe voltei a ler
e seguin así, coa mente sin verbas pero sensacións na boca do estómago.
así que iso é o que digo,
porque quería decirche algo...
e deixarche un bico.
Non sei se che apetecerá moito, peor hai un sorteo para ir pasar un finde nunha casa rural de 6 que ofrecen a estadía gratis. Todas elas son ben bonitas, con entornos adecuados para o que se necesite: ler, descansar, durmir, beber, comer, amar... e non ten porque ser todo.
:-)
pásate por sin pena ni gloria y lees la cosa.
lo mismo os digo a los que venis a leer a Majo.
cualquiera puede participar
Pasoume como a Zeltia, xa viñen varias veces por aquí e a cousa está dificil.
Hai sentimentos e sensacións encontradas, difícil mestura, pero coma sempre gustoume.
Bicos.
a mim inquedou-me. fiquei com a sensazom de chof! que raiva! como pode um momento estropear o anterior e confrontar sentimentos tam diferentes.
mui logrado.
beijos
Un texto complexo que vai abríndo sabores e sensacións a forza de lecturas.
Interesante, atraínte... con forza.
Seguirei relendo.
Un saúdo.
E o regresso?...
Boa semana.
que en último no se puede comentar, no? o es cosa mía que no atino...
Ahhhh ya... este era el sacrificio.... el que te pregunté yo si era tuyo.... ya ya.... jo... encogía me he quedado... ups ;S
Certezas únicas y por encima de todo, incluído el tiempo.... uffff... mas encogida me quedo aun....
besosssssssssss
veño deixarche un saudiño, que me acordei de tí, e como te teño ahí, porta con porta...
:-)
espero que esteas contenta.
Que, esto xa está en paro outra vez!!
Outra visita a este blog... dado que polo de agora non hai novidades, mergullarémonos na procura de vellas perlas en posts antigos.
Á espera, unha aperta
eso, apertas
:-)
Enviar um comentário