Mattisse, "Desnudo de Mujer"Pechouse a porta nun golpe seco. Sentín un alento quente na caluga. Fumarado. O pitillo desintegrábase en cinza e os beizos ardían na última bocanada. Sempre te sobra roupa, díxome, sempre te expandes en min coma un rocío, agóchaste no meu sexo para morrer. Segueu a falar desta filantropía do abstracto. Accendeu outro pitillo mentras me acariciaba as nádegas. Levantoume a falda, calado. O pitillo en cinzas. Pasou un dedo, dous, tres ....... meteu a man na desaforada humidade da senrazón. Viaxou a lúa pola ventá, e a primavera, e o verán, viaxou a ialma e o corazón. Foi noite ennegrecida, días eternos.
Pasou a hora do gatopardo.

10 comentários:
Ay que cosas dices que me estremecen.... ja ja. Me encanta... siempre me encanta..
"meteu a man na desaforada humidade da senrazón..."... tremendo... y yo mientras, fumando, no puedo sino suspirar y al cerrar los ojos, viajar a esos días eternos...
(Genial Matisse....)
Saudiños, boa semana Majo!
moito tempo é ese.
ten razón cris, que o que escribes estremece. pero a diferencia dela a min non me fai soñar, só por esas frases da noite ennegrecida e dias eternos e agocharse no sexo de alguén para morrer...
cando tardas en actualizar o blog, xa penso que se cadra non volves... ¡tesme nun sen vivir! ;.)
Consúmese o cigarro.. E todo arde, todo é combustión... lenta, rápida, nada se para, se transforma, rexurde das cinzas para se converter en combustible.. outra vez. O ciclo da vida e da morte. Ás veces o chisqueiro ten forma de dedos de home, e o lume consúmenos nas nosas propias entrañas... E está ben. Está moi ben... jejeje
Tí sabes.
Non nos deixes.
Un bico.
Tan certo... A veces a realidade supéranos, normalmente é máis dura do que imaxinamos.
Somos cinzas, somos lume que vai gañando ou perdendo forza co paso do tempo.
Saúdos!
este texto tan visual e fotográfico con esta verdade metaforica da vida é tan bo que tamén quedo estremecida....
bicazos.
Pasou a hora pero os recordos seguen estremecendo. Valeu a pena.
Opino coma vermella, é un texto tremendamente visual.
Me encanta.
Mua.
quase se pode apalpar!
beijos
Hai amores coma tebras, e sexo coma inferno.
Desacougante, xenial.
Enviar um comentário