Matisse Nunca me gustou o café. É tan amargo e está sempre tan quente. E penso eu que sentada nesta silla, arrimada a esta mesa, dentro desta cafetería, casi é obrigado pedir un café. Aínda que non o tomase mo cobrarían igual, pero ben o vale o asento a carón desta ventá, xa que podo ver toda a plaza, xusto no centro da cidade.
¡Por qué diablos sempre me da o sol na cabeza!, alí onde vaia, adícase a golpearme ca calor, pero non quita o amargor do café. Casi non lle vou votar azucre. A ver si entre o amargor e o fervor consigo que se me queimen as veas. Din as malas linguas que é mellor ca heroína. Se alguén quere un chute de felicidade que se acerque en forma de mosquito, a miña sangue é barata. Nos tempos que corrren sae máis económica que o diésel e daravos unha viaxe ó inferno que nin a mellor droga de diseño.
A camareira está a parlotear na barra, ninguén lle presta atención, agás eu, que a observo de esguello, ¡estará acostumada a falar e falar para o mundo! A próxima vez vou a traer un altofalante, xa verás como os que pasean pola plaza as tardes de domingo, tamén miran para o bar, así nalgún momento se encontrarán as nosas miradas. Os da fora verán os ollos dos de dentro e viceversa. Un cruce de miradas que pode facer voar polos aires a cidade.
Non parece boa a resaca da desilusión. E o café non enfría, nin os sorbos fan ruido. Cando o termine, si é que o logro, vou mirar os posos, a ver qué dibuxo deixan, igual me din algo do resto da vida. Aínda que din as malas linguas que eso funciona mellor na noite de San Xoán. Pero ata chegar a esa data será mellor que siga mirando os posos do café, non vaia ser que o destiño fale de min.
Shiiiiiiiiiiiiiii, camareira!!!! Bótame unhas gotas de coñac, dame algo doce que me faga chorar, os pensamentos corróenme como unha quimioterapia barata, e non é bo que nunha tarde de domingo teña que estar escoitándote a ti, como unha mosca molesta insinuándose na orella, ¡se buscas sexo fácil sae da barra e ponte nunha esquiña! que aquí as propinas son escasas e non te dirán piropos. As moedas non falan, só son metal oxidado.
Igual fun un pouco maleducada ca rapaciña, pero teño desculpa, o amargor do café convérteme nunha persoa miserable. En canto tome o coñac xa serei a persoa amable que adoito ser. ¡Teño que collerlle ese aquél o café! ¡Necesito un chute de veleno no corpo! Non quero morrer sin deixar as babas sobre a mesa, como as mellores actrices de cine. Igual o saír cambio o meu nome por algo máis sonoro, un nome que me faga distinta.
Ehhhh, tiiii!!!! Séntate aquí e toma algo conmigo, que hoxe son unha chica fácil, con propensión o desexo. Si falas o bastante e consigues agradarme, logo igual nos vamos xuntos, só por un día, non quero que te convirtas nunha repetición de noites. ¿Queres un café? ¿Con azucre?




