Courbet
Pasa. Chegas tarde. ¡Non peche-la porta! Deixa que ese vento viaxado me endureza os pezóns. Porque a ti gústanche duros ¿non é? Non poñas cara de sorpresa, xa che dixen que desta vez esperaría espida. O que non comprendo é por qué non estás xa quitando a roupa, en vez de mirarme con esa cara de pampo. ¡Ou é que viñeches aquí a falar! ¿Teño que guiarte a man para que me toques? ¡Pareces un primeirizo! Pero, ¡cántas veces follamos, home! Xa sabe-lo que me gusta e hoxe, meu rei, tócache a ti. Eu só vou mirar e xemir, non quero que te acostumes a foder e verter sen maior entusiasmo. Eso que ves enriba da mesa e que te desperta tanta curiosidade - ¡mírame mentras te falo! - é o corazón, quiteino antes de que chamaras, gústame compracerte para que sigas vindo, sei ben que a ti o sexo gústache practicalo con tódolos ocos baleiros.
A SANDÍA (06.12.07)
A cociña estaba xa recollida, nela só quedábamos eu e o sol quente da mediodía que entraba pola ventá. ¡Fora iba tanta calor! Púxenme diante mentras encendía un pitillo, deixando que esa calor inundara os meus sentidos, un a un, ata queimarme a pel, mentras a falda se iba axustando o corpo, provocada pola suor, que escorregaba por entre as pernas nunha conquista sen fin. O pitillo rematou, e con él o afogo. Xa me iba cando a vin.
Alí estaba, enriba da mesa, no centro, como unha deusa, aquela sandía redonda, fresca, completa, chamándome, pedíndome que me acercara, despacio, para observala, observala na sua perfección. Brillante e locida. Xa os beizos se separaban, para deixar paso a unha saliva húmida e pegajosa, empapándoo todo. Mollei o dedo e percorrín a sandía, esperando encontrar unha abertura, aínda pequena, unha soa, pola que penetrar. Tan suave e arisca, irritante. Deixei que a saliva caera sobre ela, e a rocei coa lingua, primeiro, para lamela con forza despois, ata que cedeu o ímpetu e se partiu en dous, abríndose para min, carnosa, vermella, fresca, e mordín, apretei os dentes contra aquela carne, e mordín, mordín ata non poder máis, ata que rebentou soltando aquel xugo enfermizo e desexado. Ca boca chea no seu zume, deixei que saíra todo, apretei a carne e chupei, chupei sin respiro ata deixala seca e roxa, máis roxa que nunca. Esgotei aquela fonte, convertíndoa en deserto.
¡Fora iba tanta calor!, suspirei. Teño que encender outro pitillo.