quinta-feira, 30 de Abril de 2009

Cadena Cien

Resolveu unha volta dramática. Co sombreiro a media asta e a gravata na man, arrastrando os pés.

Queimas. Mírasme e queimas. E o clímax está no devir da lingua que humedece cada partitura desta estación. Devoras. Cámbioche a vista cega por unhas mans cicatrizadas na obviedade do desexo. Eso penso. O resto de comensais non pensan nada sobre ..., paréceme.

Sentouse, déspota, entre a cobiza e a compaixón. A gravata baixo a copa de viño, collendo un ton avinagrado reserva ...... demasiado roxo reflexando a sua face. Xa todos sentados, comendo e falando, non quitou o sombreiro, pena que non lle chegaran as ás para tapar as orellas. Entre nós ... creo que escoitou os meus pensamentos.

Ardes. Mírasme e queimas. E eses beizos que empalagan e laian, como trabadas dun can sedento de sangue. Devoras. Cámbioche ese coiro rancio por susurros de cama, de qué ... por qué ... Eso penso. Só xemidos no punto álxido, coma o resto, cas meixelas dun postcoito mal rematado.

Comezou a comer desafogando o padal maleducado. Patética imaxe dun tipo común, só cos botóns impares suxeitando o peito. Pero cala mentras comes!, detesto ver os restos mareados, machacados, corruptos, desternillados nesa boca de ... de ... de chumbo, quizáis, xelatinosa.

Resolveu o postre nunha copa de licor. Co sombreiro apoiado no embigo e unha charla enmarañada, entre dentes.

terça-feira, 21 de Abril de 2009

Amor, perda infinita,
esvaéceste na lobreguez dos días.

Amor, silandeiro choro,

desfaleces na frixidez das fervenzas.



Amor, penar inesquecible,

desmemorias a inercia do corazón.



Amor, espuma de mar,

ida e volta, acariciando as areas,

desacougada, lúdica, salgada,

nun vaivén, preñando as mareas.



Amor, moras na extinción,

fecunda estrela fugaz, corazón

........ que se vai.

sábado, 18 de Abril de 2009

Gatopardo

Mattisse, "Desnudo de Mujer"


Pechouse a porta nun golpe seco. Sentín un alento quente na caluga. Fumarado. O pitillo desintegrábase en cinza e os beizos ardían na última bocanada. Sempre te sobra roupa, díxome, sempre te expandes en min coma un rocío, agóchaste no meu sexo para morrer. Segueu a falar desta filantropía do abstracto. Accendeu outro pitillo mentras me acariciaba as nádegas. Levantoume a falda, calado. O pitillo en cinzas. Pasou un dedo, dous, tres ....... meteu a man na desaforada humidade da senrazón. Viaxou a lúa pola ventá, e a primavera, e o verán, viaxou a ialma e o corazón. Foi noite ennegrecida, días eternos.

Pasou a hora do gatopardo.